Mónaco Energy Boat Challenge

Ante os retos medio-ambientais e técnicos que requiren unha resposta urxente para avanzar, o Yacht Club de Mónaco pretende ser o motor de unha nova visión náutica e promover calquera enfoque positivo a través deste evento único. Nel participan máis de 22 universidades, representando 17 nacionalidades, polo que é un espazo idóneo onde compartir experiencias no deseño e fabricación das embarcacións.

Existen tres tipos de modalidades:

  • Energy Class
  • Solar Class
  • Open Sea Class

No caso de CES UVigo, e nesta primeira participación, competiremos na Solar Class, onde compiten equipos das mellores universidades Europeas.

O propósito de CES UVigo é participar na edición do 2022, na que teremos o noso primer contacto con este tipo de competicións.